Tuesday 14 de May de 2024

Biblioteca Humana ASCM venres en Neda


A “Biblioteca Humana” da Asociación Sociocultural ASCM chega a Neda. Mañá venres, 15 de setembro, entre as cinco e as oito da tarde, deportistas con discapacidade converteranse en libros abertos para a veciñanza dispostos a compartir historias de superación que buscan visibilizar o seu día a día e crear empatía favorecendo a construción dunha sociedade inclusiva. O proxecto, incluído na Iniciativa Xove que promove a Xunta, conta coa colaboración do Concello de Neda, que invita a veciños e veciñas, nenos e maiores, a achegarse ao Albergue Municipal, sito no paseo marítimo, e participar no proxecto.